II Xornadas de Educación e Patrimonio. Experiencias e prácticas de educación patrimonial en Galicia

Está aberta a inscripción nas “II Xornadas de Educación e Patrimonio. Experiencias e prácticas de educación patrimonial en Galicia”, que se celebrarán no Museo das Peregrinacións e de Santiago os días 19, 20 e 21 de abril. Na seguinte ligazón podedes ver o programa e os datos de contacto para facer a inscripción.

http://www.edu.xunta.gal/eduga/axenda/2018/ii-xornadas-educacion-patrimonio

O deseño das xornadas foi aprobado polo director xeral de Educación, Formación profesional e Innovación educativa para o seu recoñecemento como actividade de formación para o profesorado.