III XORNADAS DE EDUCACIÓN PATRIMONIAL DE GALICIA

O sábado 28 de setembro clausuráronse as III Xornadas de Educación Patrimonial de Galicia que este ano se celebraron na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela durante os días 20, 21, 27  e 28 de setembro.

As Xornadas foron promovidas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo no marco do programa de  Educación Patrimonial do Plan Proxecta e organizadas polo Grupo Roda da USC.

Nesta terceira edición as Xornadas centráronse nas experiencias desenvolvidas en Galicia que se deron a coñecer mediante diversos formatos de presentación como relatorios, comunicacións ou pósters, todos eles disponibles no seguinte enlace: https://www.xornadasepgalicia.gal/

Tamén houbo unha actividade didáctica de presentación dun itinerario didáctico sobre o patrimonio da Universidade de Santiago de Compostela, organizado polo Grupo de Investigación en didácticas aplicadas RODA.

Podedes ver o cartel coa programación no seguinte arquivo:

programa