Inauguramos o noso proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

Inauguramos o noso proxecto interdisciplinar de centro cunha foto de todo o alumnado formando a cuncha do peregrino. Os alumnos portan o pano identificativo que levaremos en todas as etapas do proxecto, e no que iremos cosendo os botóns, feitos polo alumnado en impresión 3D, que acreditan a superación de cada etapa.