O alumnado de 4º de Primaria do Agro do Muíño peregrinou ata Santiago dende Ames

A rapazada, xunto coa directora do CEIP, Carmen Liñares, e o concelleiro de Medio Ambiente e Turismo, Manuel Lens, fixo un dos tramos do Camiño da Ría de Muros-Noia. Durante a mañá, o grupo saíu de O Santo para chegar á Catedral de Santiago ás 13.30 horas. Na excursión luciron unha camiseta deseñada por todo/as ele/as nas que se podía ler o lema, tamén creado polo/s cativo/as: “ Día a día facemos o Camiño da Ría”. A actividade forma parte dun estudo sobre as Rutas Xacobeas que o/as alumno/as levan realizado durante todo o curso.

Os nenos e nenas das tres aulas de 4º de Primaria do Colexio Agro do Muíño, levaron á práctica un traballo que estaban a realizar, dende o inicio do curso, no que estudaban os trazos e o patrimonio dos Camiños de Santiago.

Con calzado cómodo e unha mochila co almorzo, 50 rapaces e rapazas botaron a andar, ás 10.00 horas, dende o Santo ata a Catedral de Santiago de Compostela, destino ao que chegaron unha hora e media máis tarde. O alumnado facía así un tramo do Camiño da Ría de Muros-Noia, que pasa polo Concello de Ames.

Durante a camiñata, o/as peregrino/as mostraron interese polo que ían vendo e desfrutaron das paisaxes. Á media mañá, recompuxeron forzas en Laraño, onde pararon para merendar. Unha vez cumprido o reto e chegados á Praza do Obradoiro, o/as excursionistas voltaron ao centro de ensino nos autobuses contratados polo Concello.

Ademais, luciron todos unha camiseta cedidas polo Concello e deseñadas por ele/as nas que, na parte dianteira, mostrábanse unhas botas de peregrinaxe que actualmente tamén decoran as aulas e paredes do colexio. Polas costas, podíase ler a frase “ Día a día facemos o Camiño da Ría”, lema creado tamén pola cativada.

A iniciativa xurdiu entre o concellaría de Medio Ambiente e Turismo, Manuel Lens, e a directora do CEIP Agro do Muíño, Carmen Liñares. Tamén asistiron as profesoras de 4º de Primaria Soledad Cidalgo, Milagros Carballo, Carlota Sacedón e Alicia Miguéns. Ademais, Protección Civil colaborou na excursión garantizando a seguridade vial de todos os nenos e nenas.

Parte dun estudo moito máis amplo

Esta saída forma parte dun traballo que os nenos e nenas de 4º de Primaria do CEIP Agro do Muíño levan facendo dende o inicio do curso. No estudo, os alumnos e alumnas investigaron sobre os Camiños de Santiago e o seu patrimonio.

 

Preme na imaxe para ver o vídeo da saída.