Proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

Os alumnos de 1º de Educación Primaria fixeron dous traballos sobre o peregrino e a historia do camiño.

En primeiro lugar fixeron unha comparativa entre a indumentaria do peregrino do pasado coa que usa hoxe en día, buscando información e mostrando todos os materiais na aula.

Enlace á infografía “O peregrino antes e agora”:

https://drive.google.com/file/d/1rJPw2xAiFvwlo43tV92IfceE8fSj8Ymq/view?usp=sharing

En segundo lugar estudaron sobre a historia do camiño e coñeceron o tramo que pasa por a nosa vila, o que plasmaron nun pequeno cómic. Os alumnos tiveron que disfrazarse para facer as fotos que ilustran o cómic e escribiron os textos que o conforman.

Enlace ao cómic “Pasiño a pasiño Historia do camiño”:

https://drive.google.com/file/d/1xu0Osr-sWc3nWZITcC8TY6cvRoRh_p1w/view?usp=sharing