(Galego) 2ª etapa do noso proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Nos meses de novembro e decembro realizamos a 2ª Etapa do noso  proxecto, a da “Solidariedade”, na que tíñamos como obxectivo recopilar 500 quilos e 500 litros de alimentos na «Operación Quilo-Litro», que tradicionalmente levamos a cabo no noso centro nestas datas, en colaboración coa Asociación San Vicente de Paúl. Todos os alimentos os almacenamos nun local anexo ao cole, onde cada clase marcaba nunha táboa as cantidades que levaban.
O obxectivo foi cumplido con creces, xa que conseguimos 700 quilos e 700 litros, grazas a solidariedade e colaboración de toda a comunidade educativa.
O último día de clase antes do Nadal, fixemos unha cadea humana con todos os alumnos e profesores do centro, así como todas as familias que quixeron participar, para levar todo o recopilado ao local da Asociación San Vicente de Paúl.