(Galego) A Colección do Museo de Belas Artes de A Coruña a análise

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Ao longo destes últimos meses, dende o IES Miraflores fumos traballando no noso proxecto en diversas liñas.

O alumnado de 4º da ESO da materia de Expresión Artística, visitamos pola nosa propia iniciativa o Museo de Belas Artes de A Coruña. Algúns organizámonos para facer a visita xuntos, outros decidimos ir individualmente ou con algún membro das nosas familias, pero todos gozamos dunha xornada de visita neste espazo cultural.
A visita serviunos para coñecer a colección e achegarnos á mesma. Posteriomente seleccionamos cada un unha obra que nos chamara especialmente a atención e fixemos un pequeno texto ao redor da mesma.
Un texto de análise pero coma si fósemos nós mesmos a obra. Tiñamos que expresar os nosos sentimentos, as nosas formas, o noso discurso.

O alumnado de 3º da ESO de Educación Plástica comezamos a preparar a visita ao Museo que temos prevista para o próximo mes de Abril.
Así pois, por pequenos grupos, analizamos obras diferentes da colección en base a criterios propostos pola profesora; luz, cor, composición etc

Ao mesmo tempo, fumos traballando a nivel organizativo de cara a obradoiros que faremos no terceiro trimestre e como daremos forma e visibilidade ao noso traballo