(Galego) Actividades 2º Trimestre: «Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño»
Este segundo trimestre comezamos tomando decisións sobre o noso proxecto “Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño”, enmarcado no Plan Proxecta “Educación Patrimonial: Mirando polo Camiño”. Decidiuse analizar os coñecementos que o alumnado doutras familias profesionais do centro tiña sobre o Camiño inglés, facendo participes nun Kahoot a todos os grupos do centro. (Xaneiro – Febreiro)
Unha vez detectada a falta de coñecementos do patrimonio do noso camiño por parte do noso alumnado, decidiuse deseñar un scape tour para dar a coñecer ao alumnado do centro e a outros, o patrimonio da Primeira Milla do Camiño.
Comezamos deseñando as paradas, as explicacións e as probas, utilizando para compartir esa información un encerado colaborativo Padlet primeira milla. (Febreiro)
Ao finalizar o trimestre leváronse a cabo as primeiras visitas guiadas do noso scape tour co alumnado do ciclo gañador dos Kahoots de coñecementos previos e con alumnado doutros centros da familia profesional de Hostalaría e Turismo. (10 marzo, 21 marzo)