(Galego) ANDAINA POLO CAMIÑO DE INVERNO AO SEU PASO POR QUIROGA

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O venres, 29 de abril, o alumnado de 3°e 4° de primaria desfrutamos dunha inesquecible mañá na nosa saída. Visitamos o pobo de Margaride , descubrindo as súas interesantes covas, así coma os símbolos que engalanan as súas rúas. A continuación, emprendemos a nosa andaina para percorrer un tramo do Camiño de Inverno(Margaride- Barxa do Lor). Fixemos un descanso en Carballo do Lor para comer algo e repoñer forzas. Emprendemos de novo o camiño sentindo moita màgoa polos estragos que fixo o incendio forestal de setembro do ano pasado. E, entre explicacións das nosas mestras é as nosas charlas, chegamos a un lugar que nos sorprendeu: a ponte de Barxa do Lor.
Pasámolo xenial!
Cada vez estamos máis orgullosos de vivir nun entorno tan fascinante.

https://photos.app.goo.gl/H1c2BMiAgXo8JyQ1A