(Galego) Clase práctica sobre o Románico no Camiño. CPR Plurilingüe La Merced. 2º ESO

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

CLASE PRÁCTICA SOBRE O ROMÁNICO NO CAMIÑO-VISITA MOSTEIRO DA MAGDALENA. WAY WATCHERS DO CPR PLURILINGÜE LA MERCED-2ºESO

No mes de xaneiro a saída mensual dos Way Watchers ou Vixiantes do Camiño, consistiu nunha clase práctica sobre o Románico no Camiño. Como o noso centro forma parte do Mosteiro da Magdalena, aproveitamos para coñecer de primeira man o patimonio máis preto a nós. Visitamos a igrexa e o claustro para estudar a súa disposición, planta, cubertas e decoración. Puidemos coñecer de forma práctica cómo son as bóvedas de crucería, os diferentes tipos de arco e capiteis, así como estudar a simboloxía heráldica que aparece nas portadas exteriores e nos sepulcros.

Foi moi sorprendente ver os restos de pintura aparecidos trala restauración da igrexa que están moi ben conservados. A próxima saída se o tempo o permite será de novo pola contorna do colexio, percorrendo o tramo do Camiño que pasa pola nosa porta.