(Galego) Compartindo saberes: videoconferencia entre o alumnado do IES Río Cabe (Monforte de Lemos) e do IES San Mamede (concello de Maceda) sobre a olaría tradicional da Ribeira Sacra

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O pasado 15 de xuño tivo lugar unha das últimas actividades relacionadas co Plan Proxecta no que o alumnado de 3º ESO estivo traballando durante todo este curso. A actividade consistiu nunha videoconferencia entre o noso centro (IES Río Cabe, en Monforte de Lemos, Lugo) e o IES San Mamede, no concello de Maceda, Ourense. Os protagonistas e auténticos relatores foron os propios alumnos/as, e o obxectivo que se perseguía era compartir saberes sobre a olaría tradicional que temos na Ribeira Sacra: os alumnos/as do IES San Mamede explicáronnos as características da olaría  de Niñodaguia (no concello de Xunqueira de Espadañedo, a só cinco quilómetros de Maceda), e os nosos alumnos/as explicáronlles as da olaría de Gundivós (no concello de Sober, a uns nove quilómetros de Monforte).

A experiencia resultou do máis proveitosa e moito foi o que aprendemos. A videoconferncia comezou por ambas partes cunha introducción na que explicaban como é a cidade onde está o seu instituto (Maceda ou Monforte) e, despois, cada centro expuxo como era a olaría tradicional de súa zona: como se extraía e se preparaba o barro, tipos de barro, tipo de torno, como eran os fornos e a cocción, cor característica de cada zona, tipoloxía dos cacharros, etc.