(Galego) COÑECENDO O NOSO PATRIMONIO: VISITA Á IGREXA DE S. SALVADOR E Á CAPELA DE S. XOÁN

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

   Os alumnos e alumnas de de cuarto, quinto e sexto de primaria participaron o día 31 de maio nunha actividade de educación patrimonial, dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación. Os actos comezaron cunha charla no centro escolar impartida polo arquitecto e o restaurador que levaron a cabo os traballos de restauración da igrexa de San Salvador e a capela de San Xoán, situadas ambas na parroquia quiroguesa de Hospital. Nesta charla amosáronlles ao alumnado aquelas intervencións máis importantes que se levaron a cabo no momento da restauración e tamén se fixo fincapé no valor patrimonial do restaurado sobre todo na capela de San Xoán.

Posteriormente  alumnado, mestres e técnicos dirixímonos andando ata a igrexa e a capela, onde fomos recibidos polo párroco e poidemos apreciar in situ as explicacións sobre os traballos que se tiñan realizado así como a importancia de conservar o patrimonio que temos no noso concello ligado aos cabaleiros da orde de San Xoan de Xerusalén. Ademáis todos recordamos que estas dúas importantes edificacións que forman parte do noso patrimonio, están tamén ligadas a un dos tramos finais do Camiño de Inverno que pasa polo noso Concello. Foi moi interesante e instructiva, porque grazas as súas explicacións aclaramos moitas dúbidas sobre o verdadeiro interese patrimonial do que conservamos e todos nos concienciamos da importancia da súa conservación e difusión.