(Galego) «De Miguel Anxo ao Mestre de Nogueira, unha viaxe virtual»

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O noso proxecta foi realizado polo alumnado de 3º ESO. Nel estudamos o exterior e interior da igrexa románica de Santa María de Nogueira, no concello de Chantada, centrándonos sobre todo nas pinturas murais que decoran o seu interior (góticas e renacentistas) e que durante séculos estiveron cubertas con cal. Hoxe, tras a súa restauración, as pinturas do muro norte, muro sur e arco de triunfo (obxecto do noso estudo) constitúen un dos mellores conxuntos murais do Renacemento de Galicia, coñecido por algúns autores como a Capela Sixtina de Galicia.

Co traballo realizado polos alumnos/as elaborouse un vídeo que podedes ver na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=sLxpC-5ovFM

Que actividades realizamos cos alumnos/as para chegar a elaborar este vídeo?: nunha primeira parte os alumlnos/as tiveron que buscar información sobre determinados aspectos relacionados coa igrexa, as súas pinturas, a contorna… A partir de marzo, a pandemia provocada pola Covid19 obrigounos a adaptar as actividades á nova situación de confinamento. Así, en vez dunha excursión física, fixemos unha excursión virtual ata a parroquia de Santa María de Nogueira, e tamén tivemos unhas microcharlas (iso si, por videoconferencia) nas que tres convidados explicaron aos alumnos/as distintos aspectos que tiñan que incluir no traballo final. Ditas actividades visibilizámolas na páxina web do centro e podedes atopalas nas seguintes ligazóns:

Microcharlas por videoconferencia: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/1500

Excursión virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/1493