(Galego) RECOLLIDA DE LIXO EN DOUS TRAMOS DO CAMIÑO DE INVERNO

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

Continuamos a facer actividades sobre o noso Proxecto Documental Integrado sobre o Camiño de Inverno. Unha vez que o tempo nos deu unha tregua despois de tanta chuvia,  tocou saír da biblioteca e do colexio para limpar un tramo do Camiño de Inverno. Disto encargouse o alumnado de quinto e sexto de primaria que, acompañados polos seus mestres/as, decidiron limpar de lixo un tramo do camiño ao seu paso pola nosa vila de Quiroga.

                                

Por outra bandao pasado día 12 de abril, o alumnado de terceiro e cuarto de primaria realizou unha saída para percorrer un tramo do Camiño de Inverno ao seu paso por Chantada. Aproveitaron tamén para facer unha actividade de ecoloxía e limparon de lixo ese tramo do camiño.

              

Pola tarde visitaron as instalacións do Ecomuseo de Arxeriz e as excavacións arqueolóxicas do castro que alí se atopa.