(Galego) Novas excursións pola Ribeira Sacra: das alvarizas de Sober ao Ecomuseo de Arxeriz

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

No mes de abril, o profesorado e parte do alumnado que participa no proxecta «Alvarizas, un ben singular na Ribeira Sacra, realizaron dúas novas excursións:

– A primeira delas non foi realizada polo alumnado, senón polo profesorado que participa no Plan Proxecta. O obxectivo era coñecer as alvarizas que hai no concello de Sober, concretamente na zona de Barantes; para iso, contamos cun guía excepcional, Suso Verao, ex director do noso centro e gran coñecedor desa zona da Ribeira Sacra. Comezamos a nosa andaina na Adega Cividade, punto de partida da ruta que iamos facer, “Alvarizas e colados desde a adega Cividade”. Precisamente Suso Verao, xunto con seu irmán Xosé Ramón, son quen abriron, durante a pandemia, esta ruta e se encargan, de forma desinteresada e polos seus propios medios, de mantela. Durante o percorrido visitamos un castro, coñecemos o que é un colado, puidemos ver petróglifos, restos de cinco alvarizas e unhas vistas impresionantes cara aos canóns do Sil. A ruta, de pouco mais de cinco quilómetros, é circular polo que rematamos donde empezamos: na Adega Cividade, que despois da camiñata e a calor que facía agradecíase refrescarse un pouquiño.

Fotos: restos dalgunhas das alvarizas e dos cortizos que vimos (e que despois explicaríamos ao alumnado nas clases).

     

Fotos das vistas cara ao canón do Sil que se poden contemplar desde a ruta:

Trazado da ruta «Alvarizas e colados desde a Adega Cividade» e fotos do interior/exterior desta Adega::

–  O alumnado de Ciclo Superior de Turismo que, xunto co alumnado de 3º ESO, participa neste Plan Proxecta, realizou unha excursión ao museo etnográfico Ecomuseo Pazo de Arxeriz, onde puideron coñecer as diferentes tipoloxías de embarcacións tradicionais propias dos ríos Miño, Sil e Cabe, como era a viticultura tradicional da contorna e o Entroido ribeirao; tamén visitaron a cociña e o salón do pazo e desprazáronse ata o castro, desde onde puideron contemplar unha vista espectacular do meandro que describe o Miño no Cabo do Mundo.

   

 

Etiquetas