(Galego) O alumnado do CPR Sagrado Corazón (Ribadeo) publica o seu estudo sobre os peregrinos e pon en marcha a guía QR de patrimonio ribadense

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

O alumnado de 1º de ESO realiza un estudo a partir dos datos aportados polo rexistro parroquial da vila ribadense, mediante o cal puideron traballar cuestións como a procedencia dos peregrinos que escollen o Camiño Norte, dende a escala continental á local, pasando polas épocas preferidas dos camiñantes ou o a elección da compañía.

Así mesmo, o alumnado de 2º ESO publica a súa guía de patrimonio artístico, histórico, relixioso e natural de Ribadeo, á cal se poderá acceder mediante o escaneo dos códigos QR depositados polos rapaces e rapazas nos distintos puntos de interese.

Todos estes contidos poden ser visitados accedendo á seguinte ligazón do blog do proxecto:

https://ribadeonocaminonorte.blogspot.com/