(Galego) O patrimonio de Ames da Prehistoria á actualidade en relación aos tres camiños de Santiago que pasan polo municipio
Os alumnos e alumnas do IES Plurilingüe de Ames estudaron a paisaxe cultural da Prehistoria e Historia Antiga de Ames (1 ESO), Idade Media (2 ESO), Idade Moderna (3 ESO) e Idade Contemporánea (4 ESO) en relación aos tres camiños de Santiago que pasan polo municipio: o camiño portugués, o camiño a Muxía-Fisterra e o camiño Muros-Noia.
Podedes consultar información sobre o traballo realizado pola rapazada premendo nesta ligazón que vos levará á sección de Educación patrimonial da Biblioteca Carlos Nieto do IESP de Ames.