(Galego) Premios no Certame de Investigación sobre o Camiño Inglés do Concello de Oroso
Alumnado do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés acapara os premios en categoría escolar do III Certame de Investigación sobre o Camiño Inglés que organiza o Concello de Oroso. Preténdese dar a coñecer o valor patrimonial do Camiño. Presentáronse númerosos traballos nas distintas categorías. Os que conseguiron os premios en categoría escolar facían referencia ao papel das mulleres ao longo da historia do camiño, á fauna e á flora que se pode observar no mesmo.