(Galego) Primeira saída dos Way Watchers-Vixiantes do Camiño do CPR La Merced de Sarria

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

No proxecto denominado «Way Watchers», os alumnos de 2º de ESO do CPR Plurilingüe La Merced, transfórmanse en “Vixiantes do Camiño” e encárganse de facer unha limpeza e acondicionamento do Camiño na contorna da escola.

O Camiño de Santiago e o tránsito dos peregrinos son unha imaxe cotiá para os alumnos do colexio de La Merced de Sarria, quen agora se  converten en gardiáns da ruta xacobea para concienciar aos peregrinos sobre o coidado e limpeza deste histórico itinerario.

Durante todo o curso, os alumnos realizarán unha vez ao mes, unha saída pola contorna do centro, para facer limpeza das beiras, retirada de plásticos ou envases, limpeza dos sinais e indicadores e repintado de frechas nos lugares onde non exista indicación, respectando en todo momento o entorno e indicando aos peregrinos da importancia de facer un bo Camiño dun xeito sostible.

Nesta primeira saída do mes de novembro, os Way Watchers puxéronse no lugar dun peregrino e foron anotando aquelas cousas que botaban en falta para transmitirllas despois as autoridades competentes: indicadores, papeleiras, fontes etc. Por outra banda, fixemos unha primeira rolda de recoñecemento para ter constancia do terreo que imos traballar e ver de preto as necesidades que podemos asumir.

Por último, fixemos unha batida de limpeza recollendo lixo, plásticos e demais envases para deixar a zona o máis limpa posible. Na próxima saída pretendemos colocar, co permiso do Concello, algún cartaz con indicacións prácticas para os peregrinos: albergues pretos, baños, recomendacións etc.