(Galego) Resumo de actividades do primeiro trimestre: «Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño»

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en Gallego.

   

Comezamos o noso proxecto “Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño”, enmarcado no Plan Proxecta Educación Patrimonial: Mirando polo Camiño, adicando parte do primeiro trimestre ao análise de coñecementos previos do alumnado participante no proxecto. Realizando para iso:

  • Un visual thinking ou mapa mental sobre o Camiño Inglés.

  • E unha actividade onde o alumnado expón en inglés de xeito oral os coñecementos previos sobre o noso Camiño. O Camiño inglés. (Non se aportan audios e vídeos por non permitir os formatos o blog)

Avanzado o trimestre, organizáronse varias actividades, para aumentar os coñecementos que sobre o Camiño Inglés tiña o alumnado:

  • O día 08 de novembro, o alumnado do CS Guía, información e asistencia turística visitou a feira Fairway: IV Fórum do Camiño de Santiago e participou nun workshop, coa finalidade de identificar, analizar e coñecer os recursos patrimoniais do camiño. Ademais de servir de lugar de abastecemento de materiais e folletos impresos sobre o Camiño que servirían coma fonte de documentación e dos cales se realizou na aula unha exposición de material do noso Camiño.   

                                   

  • Para continuar coa análise dos recursos do camiño, despois de facer un inventario de recursos da cidade de Ferrol e identificar cales están na ruta do Camiño de Santiago, o día 20 de decembro, realizouse unha visita teatralizada da I milla do Camiño Inglés da man do peregrino Guzmán de Torroja, grazas a colaboración da empresa Secret Galicia e o guía turístico Xulio Vázquez Deibe, antigo alumno do centro co obxectivo de obter máis información sobre o patrimonio cultural da nosa primeira milla.