Lourenzá, 1000 anos de historia

Este proxecto naceu cunha idea principal, que o alumnado fora quen de entender a historia da súa vila, analizando a evolución e as distintas etapas históricas de Lourenzá, poñendo en valor o seu patrimonio e a necesidade de coidalo. É dicir, o obxectivo principal era concienciar aos nenos e nenas do papel que eles xogan ...

Cartas cifradas e mensaxes ocultas na correspondencia renancentista

23. Xuño 2019
Os alumnos e alumnas de 3º de ESO do IES Plurilingüe de Ames realizaron a exposición Cartas cifradas renacentistas. Con este traballo seguiron explorando a paisaxe moderna de Ames no contexto global centrándose agora na cultura material.   As cartas, tanto persoais como oficiais, son os documentos máis frecuentes da Idade Moderna, e na época tamén ...

O alumnado do CPR Sagrado Corazón (Ribadeo) publica o seu estudo sobre os peregrinos e pon en marcha a guía QR de patrimonio ribadense

O alumnado de 1º de ESO realiza un estudo a partir dos datos aportados polo rexistro parroquial da vila ribadense, mediante o cal puideron traballar cuestións como a procedencia dos peregrinos que escollen o Camiño Norte, dende a escala continental á local, pasando polas épocas preferidas dos camiñantes ou o a elección da compañía. Así ...

Facendo a última etapa do Camiño Inglés

Alumnado do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés e de Escomb School de Bishop Auckland (Durham) realizan o último tramo do Camiño Inglés. A colaboración entre ambos centros está enmarcada dentro do Programa Erasmus+ “Listening to our heritage: The english way”. Con este proxecto preténdese descubrir os elementos patrimoniais común en todos os niveis: lingüísticos, sociais, ...

Premios no Certame de Investigación sobre o Camiño Inglés do Concello de Oroso

Alumnado do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés acapara os premios en categoría escolar do III Certame de Investigación sobre o Camiño Inglés que organiza o Concello de Oroso. Preténdese dar a coñecer o valor patrimonial do Camiño. Presentáronse númerosos traballos nas distintas categorías. Os que conseguiron os premios en categoría escolar facían referencia ao papel ...

O IES Plurilingüe de Ames recrea cadros da Idade Moderna

31. Maio 2019
Os alumnos e alumnas de 3º de ESO A da materia de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe de Ames recrearon diferentes cadros de estilo renacentista e barroco no marco do estudo da Paisaxe moderna de Ames entre os camiños de Santiago no contexto global da Idade Moderna. Para esta recreación os alumnos e alumnas servíronse ...

Obradoiro de danza barroca no IES Plurilingüe de Ames

10. Maio 2019
O día 10 de maio, os alumnos e alumnas de 3º de ESO da materia de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe participaron nun obradoiro de danza barroca. O alumnado viaxou no tempo e no espazo ata o esplendoroso Versalles de Luís XIV, onde se atopou coa mestra de corte, Loli Fojón, da academia LoDanzas, que ...

Festa renacentista no IES Plurilingüe de Ames

10. Maio 2019
O día 10 de maio, os alumnos de 3º de ESO da materia de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe de Ames participaron nunha festa renacentista. Para preparar a festa o alumnado fixo unha investigación dos productos da época en Europa, moi variados despois da colonización de América, e tamén da decoración da mesa, na ...

ACTIVIDADES NOS CENTROS: O CPR Sagrado Corazón de Ribadeo recibe a visita do arqueólogo Miguel San Claudio

Na mañá de hoxe, 10 de maio, o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo asistiu a unha charla impartida polo arqueólogo subacuático Miguel San Claudio. Nela, ademais de achegarnos ao traballo desta interesante disciplina, tamén descubrimos a incomparable riqueza que posúen as costas galegas en canto a patrimonio cultural submarino. Dentro disto último, fixemos ...