O alumnado do CPR Sagrado Corazón de Ribadeo realiza un tramo do Camiño Norte

Na xornada do 29 de abril, o alumnado do Colexio Sagrado Corazón de Xesús (Ribadeo) realizou a pé o tramo do Camiño Norte que pasa polo noso concello, Ribadeo-A Ponte (Arante). Este realizouse coa colaboración dos membros do Obradoiro de Emprego “Ribadeo no Camiño”. Unha vez chegados ao noso destino, visitamos o Santuario da Nosa Señora ...

ACTIVIDADES NOS CENTROS: O alumnado do IES Francisco Asorey recibirá a visita da arquitecta Cristina Ansede o 9 de abril

A arquitecta Cristina Ansede visitará o IES Francisco Asorey de Cambados para explicarlles aos alumnos de 1º e 2º da ESO o seu traballo como arquitecta adicada á rehabilitación de edificios históricos e a súa experiencia como responsable dos traballos de restauración das cubertas do Pazo de Fefiñans, que destacou polo esforzo realizado para conservar ...

ACTIVIDADES NOS CENTROS: O alumnado do IES Plurilingüe de Ames visitará o 3 de abril a capela de San Xoán en Pousada (Ames) e o Pazo de Antequeira en Rois

O alumnado do IES de Ames visitará a capela de San Xoán de Pousada en Ames e o Pazo de Antequeira en Rois o día 3 de abril, nunha actividade didáctica guiada polo arquitecto Juan Barcala, que dirixiu os traballos de restauración realizados en ámbolosdous edificios. Participarán 38 alumnos e alumnas de 3 de ESO ...

XI Foro Xuvenil de Patrimonio Mundial

Este ano o XI Foro Xuvenil de Patrimonio Mundial terá lugar entre o 27 de maio e o 1 de xuño nas sedes de Madrid e Santiago de Compostela. Por ser anfitriona nesta ocasión, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá levar dous representantes. Recordade que deben ser alumnos/as de idades entre 13 e 15 anos. ...

Mirando polo Camiño 2018-2019

23. Xaneiro 2019
“Mirando polo Camiño” é unha das tres modalidades de participación no programa “Educación Patrimonial” e pretende promover o traballo de xeito contextualizado sobre o patrimonio cultural, literario e lingüístico vinculado ao tramo do Camiño de Santiago no que o centro educativo está emprazado. Está está destinada a centros que se encontren en concellos polos que ...