Charla do arquitecto Marcial Rodríguez

10. Maio 2021
No día de hoxe, 6 de abril, recibimos a visita do arquitecto Marcial Rodríguez. Nunha interesante charla descubrimos como se desenvolve o traballo para definir e delimitar os tramos do Camiño de Santiago. En concreto, como foi o proceso de delimitación do Camiño da Ría Muros – Noia  ao seu paso por AMES. Charla

Brañas da Devesa – Patrimonio natural do Concello de Ames

27. Abril 2021
O alumnado de 4º de Primaria visitou as Brañas da Devesa acompañados por Patricia Reboredo. A composición e bo estado do patrimonio natural de Ames é de alto interese ambiental. Prados, ríos e arboredas, tal e como escribiu Rosalía de Castro, xunto con outras formacións naturais como as fragas, os vales, e as brañas, conforman ...

Torres de Altamira

27. Abril 2021
O alumnado de 4º de Primaria visitou as Torres de Altamira acompañados polo arqueólogo e historiador Mario César Vila. As Torres de Altamira son as ruínas dun Castelo medieval e que foi a casa matriz da familia dos Moscoso, poderosa familia que xogou un destacado papel na Idade Media en Galicia. O Castelo das Torres ...

O petróglifo de Monte Castelo, a xoia rupestre na Maía

27. Abril 2021
O alumnado de 4º de Primaria visita o petróglifo de Monte Castelo acompañados do arqueólogo e historiador Mario César Vila. A estación rupestre de Monte Castelo atópase na área arqueolóxica de Ventosa na parroquia de Santo Estevo de Covas, Concello de Ames. Os gravados localízanse nunha rocha situada na ladeira norte do castro de Ventosa. Trátase ...

Visita o Castelo da Rocha Vella

27. Abril 2021
O alumnado de 4º de Primaria visita o Castelo da Rocha Forte, tamén coñecido como Castelo dos Churruchaos,  e sitúase na parroquia de Conxo. É un sitio arqueolóxico en proceso de escavación do Castelo medieval máis emblemático de Compostela que tivo un período de ocupación dende aproximadamente, o ano 1240 ao 1467, ano no que ...