Recuncho medieval na biblioteca do IESP de Ames

18. Maio 2018
Os alumnos e alumnas de 2 de ESO da materia Geography and History realizaron unha investigación sobre a paisaxe medieval e os elementos medievais no municipio de Ames entre o 15 de marzo e o 18 de maio. Esta investigación tivo tres fases: unha primeira fase de traballo documental, unha segunda fase de traballo de ...

Galicia no Foro Juvenil de Patrimonio Mundial

A semana pasada a alumna do IES Rosalía de Castro, Judit González Prol, participou no Foro Juvenil de Patrimonio Mundial nas cidades de Madrid e Córdoba onde tiveron lugar as diferentes actividades. Este é o traballo co que Judit presentou Galicia ante os representantes de outras comunidades e países: https://sites.google.com/iesrosaliadecastro.org/foro-patrimonio-mundial-judit/

Cortegada, unha visita de conto.

Cortegada, unha visita de conto.
Ola camiñantes, A nosa visita a Cortegada foi…foi… ESPECTACULAR!!!!!!!!! Imos intentar mostrarvos todo o que pasou, pero o máis difícil de ensinarvos non sei como facérvolo chegar. Só podemos expresar dende aquí a nosa infinita gratitude a Sonia García pola súa entrega e dedicación, que pasou toda a mañá connosco achegando dun xeito lúdico, comprensible ...

O CAMIÑO PRIMITIVO NA NOSA CIDADE

O alumnado de 5º de Primaria estivo traballando sobre o Camiño Primitivo ao paso por Lugo. Todo o noso traballo está recollido no seguinte póster dixital, que inclúe vídeos, códigos QR e podcast. https://edu.glogster.com/glog/_/2kprk733r8n

SAÍDA AO VELLO CÁRCERE DE LUGO

Os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria realizaron unha saída á Muralla de Lugo e ao Vello Cárcere. Edificio construído no ano 1887 como cárcere modelo de estado. Hoxe pertence ao noso patrimonio como ese lugar que da paso á reflexión sobre o pasado acontecido, un “espazo de memorias” onde o valor ...

XOGO DA OCA DO CAMIÑO PRIMITIVO

Os nenos e nenas de Segundo A de Primaria coñeceron o Camiño a través da investigación, das artes plásticas e do xogo. Así construiron un xogo da Oca no que fan o camiño de forma lúdica e aprenden e disfrutan do Patrimonio que ten Lugo e os seus arredores. Fotos e video no seguinte enlace: ...

Preparando a nosa visita guiada, listos….XA!

Ola camiñantes! En dous días (o próximo 9 de maio) imos  ir á Illa de  Cortegada acompañados pola arqueóloga Sonia García. Fai xa algún tempo que nos puxemos en contacto con ela e orientounos  na forma de preparar a actividade para que chegado o día fose o máis enriquecedora posible, pois o noso alumnado ten ...

Actividades nos centros: visita do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos á necrópole megalítica de Pedras Miúdas no Camiño de Fisterra

Actividades nos centros: visita do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos á necrópole megalítica de Pedras Miúdas no Camiño de Fisterra
Nina Alvela é Técnica de Cultura no concello de Mazaricos e ven de desenvolver unha actividade didáctica cos alumnos do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos, con motivo da súa participación no programa do Plan Proxecta “Educación Patrimonial-Mirando polo Camiño”. O Camiño de Fisterra pasa polo concello de Mazaricos e Nina, encargada de protexer e divulgar ...