Póster que recolle o traballo realizado sobre a olaría da Ribeira Sacra POSTER_Gundivós, terra de oleiros
O pasado 15 de xuño tivo lugar unha das últimas actividades relacionadas co Plan Proxecta no que o alumnado de 3º ESO estivo traballando durante todo este curso. A actividade consistiu nunha videoconferencia entre o noso centro (IES Río Cabe, en Monforte de Lemos, Lugo) e o IES San Mamede, no concello de Maceda, Ourense. ...
Os alumnos/as de 3ºESO estiveron moi atarefados as dúas últimas semanas do mes de maio explicando aos seus compañeiros/as de 1º, 2º, 4º ESO e aos profesores, o que aprenderon durante este curso sobre a olaría de Gundivós. Divididos en grupos (oito en total!), foron explicando clase por clase (e aos profesores nun recreo) distintos ...
O venres, 29 de abril, o alumnado de 3°e 4° de primaria desfrutamos dunha inesquecible mañá na nosa saída. Visitamos o pobo de Margaride , descubrindo as súas interesantes covas, así coma os símbolos que engalanan as súas rúas. A continuación, emprendemos a nosa andaina para percorrer un tramo do Camiño de Inverno(Margaride- Barxa do ...
O alumnado de 6º de primaria, acompañado polos mestres Sara e Javier e pola guía Marta, visitaron a Ribeira Sacra: o encoro de Belesar, o Eco-museo e o Castro de Arxeriz e o impresionante meandro do río Miño “ O cabo do Mundo”. Foi unha xornada moi produtiva na que aprenderon moito sobre a paisaxe ...
O alumnado de 1° e 2° saíron visitar o paseo Fluvial do río Quiroga para facer unha actividade de recoñecemento e recolleita da flora da nosa contorna. Foi un día de desfrute ao aire libre para o profesorado e o alumnado https://photos.app.goo.gl/TuSztzF41V3uSbWc6
Conmemoramos o Día da poesía elaborando poemas acrósticos nas clases cos lugares máis representativos do noso concello. Así traballamos a poesía e o PDI: Quiroga na Ribeira Sacra. Día da Poesía Click to read this book, made with Book Creator https://read.bookcreator.com
O pasado xoves 28 de abril os alumnos/as de 3º ESO realizaron unha excursión a Arxeriz onde visitamos o Ecomuseo, o Pazo e o Castro. O obxectivo era coñecer un pouquiño máis a Ribeira Sacra… e conseguímolo!! Ao chegar ao Ecomuseo fomos recibidos por Mar e Sonia que nos explicaron como se vivía nesa zona ...
O alumnado de 3º ESO que cursa a materia de Francés II lingua estranxeira, realizou un traballo na aula onde se comparou a olaría tradicional de Gundivós cunha olaría tradicional do norte de Francia. Con este fin, realizouse unha pesquisa para coñecer a alfarería tradicional de Gèr, unha aldea duns 80 habitantes que se atopa ...