Contacontos “Animaliños” na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas
O xoves , día 9 de maio, dentro do programa de animación á lectura LER CONTA MOITO, programado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, os nenos de Ponteareas, así como os pais que quixeron, puideron gozar dun contacontos, titulado “Animaliños”, no que os nenos aprenderon a respectar o medio que nos rodea e a somerxerse nos contos tradicionais de animais. Así mesmo, os nenos que asistiron, aproximadamente 25, puideron ver e escoller da biblioteca infantil algún libro que lles interesase sobre animais ou outros temas.