BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO CARBALLIÑO – TÍTERES NAS MANS
O pasado venres 31 de maio e dentro do programa de Animación á Lectura ” LER CONTA MOITO” a BPM do Carballiño celebrou na sala infantil-xuvenil o obradoiro creativo “TÍTERES NAS MANS” coa monitora Larraitz Urruzola. Os nenos/as pintaron nas súas mans personaxes imaxinados e , unha vez rematados, inventaron historias e interactuaron entre eles, dándolles voz e vida aos títeres creados. Obradoiro moi divertido e ameno onde os nenos/as quedaron encantados.