Encontros – taller de Banda Deseñada, con Manel Cráneo, na Biblioteca Central de Cambre (I)
As tres Bibliotecas Municipais de Cambre contamos cunha programación especial durante o mes de abril, ABRILUSTRADO.
Dentro deste programa realizáronse unha serie de obradoiros de Banda Deseñada, solicitados a través de Ler conta moito.
O propio 23 de abril, contamos con dous obradoiros de Manel Cráneo, de quen tiñamos tamén a exposición Cómic, arqueoloxía e xornalismo, na Sala de Exposicións da Biblioteca Central.
O primeiro obradoiro foi co alumnado de 3º A do IES Afonso X O Sabio.
Manel Cráneo comez facendo un percorrido guiado pola exposición dos orixinais da obra da súa autoría, A Torre dos Mouros, recreación histórica, baseada nos restos arqueolóxicos existentes en Lira, Carnota,datados no século X. Unha vez rematado o percorrido, amplíase con imaxes en detalle, a través dun Power point. Vai explicando tanto a documentación histórica, como a realización técnica, planos, personaxes… Á vez, nunha pizarra vai mostrando unha serie de claves para construir personaxes, expresións, etc para introducirnos na linguaxe do cómic.
A última parte do taller consistiu en tratar de facer unha páxina de cómic, según un guión previo. Da as claves e anima a continuar.