Encontros-taller de Banda Deseñada, con Manel Cráneo na Biblioteca Central de Cambre (II)
Manel Cráneo realizando a visita guiada á exposición Cómic, Arqueoloxía e Xornalismo, co alumnado de 3º B do IES Afonso X O Sabio, de Cambre
O segundo obradoiro de Banda Deseñada, impartido por Manel Cráneo na Biblioteca Central de Cambre, tivo lugar tamén o propio Día do Libro, 23 de abril.
Primeiro unha visita guiada pola súa exposición, dos orixinais do libro A Torre dos Mouros, e a continuación todos e todas a traballar!!!.
Comeza comentando polo miúdo as características da súa obra, intercalando explicacións, tanto de documentación histórica como de realización técnica, os distintos tipos de planos, bocadillos, construcción de personaxes, as diferentes maneiras de dividir e estructurar unha páxina, …
E para rematar, a realización dunha páxina de cómic, según un guión que lles proporcina. E ao final, case lista para publicar!!!
Son uns talleres moi interesantes e divertidos, pois combinan unha parte teórica, bastante descoñecida, cunha parte práctica que engancha, para seguir facendo máis.