Sarabela teatro deu unha maestría de profesionalidade nesta actividade denominada Contacontos, na B.P.M. de Antas de Ulla
Co seu lapis máxico e a fantástica dramatización do conto, logrou o entusiasmo e a atención de tódolos participantes na actividade, así como a súa implicación na mesma, seguindo e facendo diferentes xogos dramáticos que eran axudados polo lapis que pinta soños.
Participaron preto de 30 nenos e nenas, de 4 a 8 anos.
Foi todo un éxito que só co corpo e os xestos se lograra unha actividade tan enrequecedora.