Obradoiro “Instantáneas de plastilina” de María Noel Toledo na Biblioteca municipal “Juan Fernández Latorre” de Ortigueira
O 21 de xuño acollimos na Biblioteca municipal de Ortigueira o obradoiro “Instantáneas de plastilina” de María Noel Toledo.
Os destinatarios foron os rapaces e rapazas a partir de sete anos. A artista plástica, María Noel, comezou a actividade con diversas explicacións sobre as técnicas para traballar a plastilina: o volume, a busca de novas cores, a unión das pezas… Logo propúxolles que se dividisen en grupos para traballar. Cada grupo escollleu unha temática sobre a que facer as súas instantáneas cos seus decorados e personaxes. As escenas resultantes foron: un acuario, o escenario do Festival de Ortigueira, a celebración dun cumpreanos, un día de praia, un casamento, paseando cun can moi traveso e unha escea medieval.