“Tecín soia a miña tea”, con Ana Hermida, na Axencia de Lectura Municipal de Chapela
O xoves 25 de Abril gozamos na Biblioteca de Chapela dun momento máxico con Ana Hermida, unha incomparable recitadora de Rosalía de Castro.
Caracterizada como a poeta de Padrón, e a través de versos, pero tamén daqueles textos en prosa menos coñecidos da súa obra, a nosa intérprete nos achegou unha faceta bastante diferente de Rosalía: forte e paixoal, feminista, irónica cos costumes do seu tempo… facetas que algúns pouco coñeciamos dela.
A actividade realizouse dentro da programación da “V Semana do Libro”, elaborada conxuntamente polas bibliotecas municipais e o Servizo de Normalización do Concello de Redondela; e grazas, tamén, á participación do programa Ler Conta Moito, promovido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Ver máis neste enlace ao Blog das Bibliotecas de Redondela.