Manel Cráneo na Biblioteca Municipal Os Templarios, de Cambre, co obradoiro “A Torre dos Mouros, un cómic arqueolóxico” (II)
Manel Cráneo imparte un segundo obradoiro na Biblioteca Municipal Os Templarios, o día 26 de abril. Neste caso ao alumnado de 3º E do IES Afonso X O Sabio, de Cambre.
Comezamos facendo unha breve presentación de Manel Cráneo, cun percorrido pola súa obra e as súas publicacións, todas existentes na biblioteca e dispoñibles para préstamo.
A continuación, móstranos, a través dun Power Point, o álbum A Torre dos Mouros, con todo tipo de detalle, así como o proceso de creación. Vai intercalando as explicacións con pequenas prácticas para o alumnado, mesmo utilizando o xogo das disferentes maneiras de resolver unha determinada páxina.
A última parte do obradoiro consiste na realización dunha páxina de cómic, según un guión que lles proporciona.
Manel Cráneo propón, como actividade de continuidade, a realización dun cómic de xénero histórico, baseado na Orde do Temple, na ponte do Burgo, ou similar, aproveitando a ubicación da Biblioteca Os Templarios neste lugar. Para isto valeríanse de publicacións da biblioteca ou de restos arqueolóxicos existentes.