Crearte Servizos Culturais, S.L, na Biblioteca Municipal de Vila de Cruces co obradoiro Arte nos libros ! con Leonardo da Vinci
A Bliblioteca Municipal de Vila de Cruces acollía o 23 de maio de 18 a 19,15 h. a Crearte Servizos Culturais co obradoiro Arte nos libros! con Leonardo da Vinci unha actividade educativa e lúdica.
A través dun power point os nenos puideron coñecer o interesante mundo de Leonardo, intercalando as explicacións con actividades nas que participaron moi activamente.