Instantáneas de plastilina para celebrar as Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Ordes
María Noel e unha presa de cativos, usuarios habituais da Biblioteca Municipal de Ordes, xuntáronse o 16 de Maio para celebrar o Día das Letras Galegas. Armados con plastilina, cartóns , libros de manualidades e moita, moitísima imaxinación, fixeron marabillas nunha tarde na que, sen dúbida, disfrutamos todos. Ao tempo, os cativos visitaron a mostra que sobre as Letras Galegas expuxemos na biblioteca. Que creatividade a dos nosos rapaces e rapazas!