Sesión de Contacontos “Rodar i Rodari” Contos do tranvía da compañía Fantoches Baj na ALM de Os Tilos (Teo)
O 19 de xullo acollimos na ALM de Os Tilos a sesión de contacontos Rodar i Rodari (Contos do tranvía) de Fantoches Baj. Aproveitando o bo tempo e a cercanía da piscina municipal invitamos ós rapaces e rapazas que estaban a darse un baño para que desfrutasen deste espectáculo
Rodar i Rodari (Contos do tranvía) é un espectáculo de narración oral, con acompañamento musical, no que a través do conto tradicional, a tradición dos contos de Gianni Rodari e os monicreques para, partindo da domesticación dun animal como o burro chegar ó uso ou abuso das novas tecnoloxías. A acollida por parte do público foi moi positiva.