“Contos para todos” na sala infantil da biblioteca Xoán de Requeixo de Chantada, a cargo de Manuel Solla Barragáns
O sábado 27 de abril ás 12:00 tivemos na sala infantil da biblioteca a Manuel Solla Barragáns de Expresión Produccións, que encandilou ós pequenos e ós grandes asistentes cos seus “Contos para todos” que acompañou con títeres e algún xogo de maxia.