Bicos con leite na BPM “El Viejo Pancho” de Ribadeo
O pasado venres 20 de setembro na BPM “El Viejo Pancho” tivemos o pracer de desfrutar dunha das nosas narradoras de contos favorita, Charo Pita, quen a través de “Bicos de Leite” fixo as delicias dos mais pequenos. Con contos da súa propia autoría como Maxia e outros coñecidos coma A eiruga larpeira, A bruxa Nona e O artista que pintou un cabalo azul, 30 nenos e nenas de 0 a 4 anos desfrutaron xunto aos seus pais e nais dunha tarde chea de imaxinación, cancións e contos.
Ao remate e como actividade complementaria, fixemos unha exposición de libros para nenos e nenas de 0 a 4 anos incluíndo algún dos utilizados na sesión e presentamos o noso “Recanto dos contos”, un espazo especialmente adicado para que aos mais pequenos se lles podan ler contos dentro da propia biblioteca.