Diversión con Raquel Queizás e as “Historias da Maletra” na Axencia de Lectura de Chapela
O pasado venres gozamos na Biblioteca de Chapela dunha contada moi especial. Raquel Queizás, contadora de gran traxectoria e amiga nosa nas redes sociais se achegou ata as nosas bibliotecas para achegarnos historias vidas dende moitos lugares do mundo.
Da súa “maletra” chea de letras, Raquel Queizás extraeu historias cheas de maxia. Contos fermosísimos como: “A princesa ratiña”, “O Papón” e mais “Que bicho tan raro” fixéronnos pasar unha excelente tarde a todos os presentes, tanto a os cativos como aos adultos.
Ao final, os asistentes levaron prestados para a casa os libros onde se recollen as historias narradas no noso contacontos.
Ver máis no Blog das Bibliotecas Municipais de Redondela: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2013/09/diversion-e-boas-historias-con-raquel.html