Raquel Queizás na biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal” (Arteixo)
Iniciamos a segunda tempada de Contacontos con Raquel Queizás e as súas “historias da maleta” o día 24 de setembro ás 18.50. Todas son fermosas e introducidas por música. Durante unha hora logrou manter o interese tanto do público infantil (nenas e nenos de 4 a 11 anos) como dos adultos acompañantes.
Rematou a actividade cun baile moi divertido, co que os nosos usuarios quedaron encantados.