“As dúbidas dos animais” na Biblioteca Pública “Ánxel Fole” de Nós
O venres 27 de setembro, ás 18’30 horas, realizouse na Biblioteca de Nós unha das actividades do programa Ler conta moito.
A sesión, titulada “As dúbidas dos animais”, consistiu na narración, por parte da contadora Fátima Fernández, dunha serie de contiños que tiña como protagonistas aos animais xunto coas súas dúbidas, medos, e afán de superación.
52 persoas, das que 31 eran rapaces e 21 adultos, seguiron con atención as animadas narracións, xa que a contadora, non só se apoiaba nas ilustracións dos contos para facilitar o seguimento da historia, senón que a modulación da súa voz foi impecable durante toda a hora que durou a actividade.
As/Os asistentes participaron activamente e disfrutaron dunha hora de esparcemento e diversión na Biblioteca.