Contacontos en verso na Biblioteca de O Froxel “Francisco A. Vidal” (Arteixo)
Yolanda Castaño visitounos o día 1 de outubro, durante case unha hora entretivo ao público coas súas obras “Verdedades” e “Punver”, logrando que os nenos participasen activamente cos seus comentarios. Ao remate foron levadas en préstamo polos usuarios, así como outros libros da autora.