Obradoiro INSTANTÁNEAS DE PLASTILINA con María Noel Toledo na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” de Sta Cruz (Oleiros)
O mércores, 2 de outubro, a ilustradora María NoelToledo acercouse á nosa biblioteca para compartir, con 18 nenos e nenas ansiosos de crear novos mundos de plastilina, o seu taller de plastilina creativa.
Comenzaron formando grupos de traballo, prepararon o material, María Noel explicoulles como utilizar cada material, non só a plastilina formou parte desta actividade, tamen se crearon escenarios onde moverse as personaxes con cartulinas e papeis diversos, esbozaron debuxos, fixeron argumentos para o seu peculiar mundo de plastilina, misturaron cores e despois comenzaron a xurdir como por arte de maxia verdadeiras esculturas que cobraron vida nas mans dos pequenos e pequenas artistas.
O obradoiro durou dúas horas de 18.30 ata 20.30 h, pódese destacar como moi positivo sobre todo no campo da cooperación, do fomento da creatividade dos nenos e nenas que se encamiñou pero nunca se recortou, e da planificación do traballo.
Coincidindo coa actividade temos na entrada da biblioteca unha pequena mostra de material relacionado coas manualidades e o reciclaxe, asi como os libros nos que colaborou María Noel Toledo e que temos dispoñibles para o préstamo.