Raquel Queizás de novo en Arteixo, esta vez na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal”.
Onte, 3 de outubro, Raquel Queizás foi a encargada de contar contos na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo. Durante unha hora, foi sacando da súa “maletra” diferentes historias que acapararon a atención dos asistentes, tanto da rapazada coma dos adultos que os acompañaban. Uns e outros foron cómplices e participaron activamente na sesión.