“Títeres nas mans” na B.P.M. “Federico García Lorca” de Montrove (Oleiros)
O día 8 de outubro ás 18:30 acudiron a actividade “Títeres nas mans” 21 nenos e nenas á Biblioteca de Montrove. Mirari , a dinamizadora da actividade (da Compañía Larraitz Urruzola Tolosa) deulles as pautas que debían seguir para que as súas mans se transformasen en títeres . A actividade resultou moi entretida para todos e todas, incluídas as nais e país que quedaron na biblioteca axudando. As nenas e nenos pintaron as súas mans e fixeron delas as protagonistas das historias que despois se animaron a representar…resultaron ser grandes artistas!