“Como se fixo un libro” co escritor Ramón Caride Ogando na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” de Santa Cruz (Oleiros)
O xoves, 10 de outubro, os alumnos de 5º de Primaria do CEIP Parga Pondal de Santa Cruz (Oleiros) asistiron no Teatro das Torres, anexo á Biblioteca a un encontro co escritor Ramón Caride Ogando, á actividade “Como se fixo un libro” incluída no programa Ler conta moito da Consellería de Cultura en colaboración co Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros.
Comenzaron co proceso de creación dun libro desde que a idea xorde ata que chega a editorial, corríxese, ilústrase, imprímese e ponse en circulación. Caride faloulles de varios libros que podían ser de interés para eles.
Foi unha actividade moi participativa, previamente os nenos e nenas recibiran a través da biblioteca, un artículo dunha revista científica que lles enviara o escritor para a súa lectura na clase, sobre estas ideas escribir un texto e despois facer unha posta en común coas súas aportacións e as do propio Ogando.
Analizaron o libro Exogamia 0.3 de Caride Ogando, a partir das ilustracións de cada un dos relatos, e discutiron situacións relativas ao medioambente, a natureza, traballo infantil, problemas que acarrexa o consumismo, a dopaxe no deporte, as cacerías profesionais de animais e a boa utilización dos avances da ciencia, e decir trataron sobre a realidade social coa que conviven todos os días.