Alicia e o coelliño que sempre chega tarde estiveron na Casa dos Fraga
O pasado venres, a biblioteca municipal Casa dos Fraga de Cambados recibíu a visita de Alicia, da man dos Títeres Cachirulo.
Durante unha hora os pequenos e familias que alí se achegaron puideron gozar das aventuras de Alicia no país das marabillas e os seus encontros con personaxes tan disparatadas como o coelliño branco, a raíña de corazóns, a eiruga verde etc.
Durante este mes de outubro estendemos a varias xornadas a celebración do Día das Bibliotecas.
Grazas ao programa Ler conta moito, ademais dos Titeres Cachirulo, poderemos gozar o vindeiro venres de Aldaolado e a súa música a través do seu espectáculo “Con dez poemas por barba”…estades todos convidados!