Larraitz trouxo os seus Babacontos á Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo
Este pasado xoves 10 de outubro , a rapazada de Arteixo volveu a desfrutar dunha sesión de contacontos na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” da man de Larraitz que cas súas historias de legumes, froitas e vexetais ofreceunos unha tarde moi apetecible. Asistiron 29 nenos e nenas, e con eles tamén quedaron 7 adultos que aproveitaron a tarde para escoitar contos.