“Mira como cho conto” na B.P.M. de Mera (Oleiros)
O venres, 11 de setembro, tivemos o pracer de acoller na biblioteca de Mera (Oleiros) a actividade “Mira como cho conto” a cargo de Xanela Ocio e Animación. Foi un contacontos singular no que dous paiasos narraron e ilustraron os contos “O señor Ramón e a señora Ramona” e “A maceira que daba calquera cousa menos mazás”. Por último, as nenas e nenos e algunha nai que estaba entre o público, ilustraron a historia “A princesa do Caurel”. Mediante os debuxos dos nenos o contador deu forma á historia dun xeito orixinal e moi divertido que fixo que o público permanecese atento durante toda a sesión.