“Canta-contos” con Migallas na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda, Oleiros
O luns, 14 de outubro, tivemos a actuación do grupo Migallas teatro coa súa obra “Canta-Contos”.
Foi unha longa sesión, onde todos o pasaron estupendo, tanto cos contos como coas cancións que facían máis atractivos os contos.
Dende un principio tanto a música como o xeito de contar os contos, o ritmo, a escenificación… engaiolaron tanto a nenos e nenas como aos seus pais e nais.
Unha boa experiencia.